menu-icoMenu

O Veleiro clásico "Magdalena"

O "MAGDALENA" é un veleiro clásico tipo ketch , de casco de aceiro. Foi construído en 1971 no prestixioso estaleiro holandés Van Dam, cun deseño de Van Der Meer. Con cuberta de teca e nobres madeiras interiores.

No 2010 foi restaurado de xeito integral, respectando totalmente a súa orixe, mantendo o seu carácter clásico, pero engadindo as comodidades e sistemas de seguridade actuais.

Esta embarcación ofrece seguridade, comodidade e un gran encanto, o que unido á beleza e excepcionais características naturais para a navegación das rías galegas, garante unha travesía que non esquecerá.

Ler máis

Cámaras en vivo

Visita estas webcams polas zonas que navegamos::

Portonovo Sanxenxo O Grove Pontevedra Redondela Vigo 1 Vigo 2 Baiona

Máis cámaras web

Consellos para desfrutar

Material necesario a bordo

Nos veleiros o espazo é un ben escaso, procura traer só o imprescindible e siempre nunha bolsa flexible.

Non esquezas traer un chuvasqueiro e algunha prenda de abrigo, gorra con viseira, gafas de sol, crema de protección solar e calzado cómodo (evitar tacóns).

Imprescindible: calma e desfrutar